jueves, 24 de noviembre de 2011

Insuficiencia

Xuntos nunha vida insuficiente,
necesidade dun non transcurrir o tempo
necesidade da inmortalidade
necesidade pro noso amor inmortal.

Neste transcurso de tempo insuficiente
a cada segundo morremos,
a cada segundo temos menos tempo
tempo no que che quero amosar o que te amo.

Necesidade de que sexan os teus ollos
o ultimo que vexa cando durma
necesidade de ese ultimo bico rematado en sorriso
abrazados nesta ultima noite.

Transcurso de tempo abrazados
a miña mirada fixa nos teus ollos
o ultimo amote sae dos teus beizos
bicamonos, adormecemos e xamais espertamos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario