domingo, 29 de enero de 2012

Lecer da noite

Doce lecer bicar os teus beizos,
a tenrura da túa mirada adorméceme
e a calor dos teus aloumiños
dalle o sentido a esta miña vida.
Cando surxe, donos do lecer
os nosos corpos, fúndense nun so ser
e os xemidos convértense na noite
nos cantos da calma da lagoa,
solitarios, nosos corpos fanse un
e so o ollar da lúa,
e a tenue luz das estrelas
fannos compaña no noso amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario